Entra / Rexístrate

Actualidade

Non o abandones, el nunca o había facer

Así era unha das campañas que promovía que non se abandonasen os animais no verán. Porque un animal de compañía é unha decisión en firme, xa que un animal é un ser vivo e coma todo ser vivo require dunhas obrigas por parte do coidador ou da coidadora. Esta festividade estableceuse coa finalidade de fomentar o coidado e a protección aos animais, así como promover a adopción de animais de compañía. 

Ten conta do seguinte para asegurar o benestar do teu animal de compañía:

  1.        Pasar tempo xuntos, é fundamental que xogues con el.
  2.        Coñéceo. Vaiche axudar a detectar as súas emocións, reaccións e comportamentos.
  3.        Atende as súas necesidades: unha boa alimentación e coidados de hixiene.
  4.        Estimula os seus sentidos con xogos, paseos…

Móstralle amor ao teu animal de compañía igual que el cho mostra a ti.

Que aínda non sabes que animal de compañía elixir? Talvez un tritón? Un gato? Como ves un peixe? E un can, que é máis habitual?