Entra / Rexístrate

Actualidade

O teu é puro teatro...

 …que cantaba A Lupe. Pero aínda que esta sexa a banda sonora cada vez que falamos deste xénero é certo que pouco ten que ver a letra da artista cubana co teatro como xénero literario.

Desde o ano 1961 o Instituto Internacional do Teatro ten como principal obxectivo dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.

O ano pasado fixéronse 60 anos desta celebración e centrouse nos mozos, nas novas xeracións e artistas emerxentes que collerán o testemuño para perpetuar a importancia do teatro. En Oqueleo, cremos na importancia desta mensaxe para nenos e adolescentes, así que procuramos que no noso catálogo tamén atopen este xénero.

Anímate a ler e a representar teatro na aula!