Entra / Rexístrate

Actualidade

Orgullo lector

Orgullo lector

Estamos orgullosas e orgullosos de quen somos, do que sentimos e como sentimos. Estamos orgullosas e orgullosos de ler e formar parte dunha comunidade lectora.

O noso proxecto de literatura infantil e xuvenil súmase á vontade de unir a xente diferente baixo o paraugas da lectura. Porque sexamos de onde sexamos, teñamos a idade que teñamos ou nos gusten unhas ou outras afeccións, ou sexamos da letra do colectivo que sexamos, a lectura é ese acto que todas e todos compartimos, que nos une.

Agora máis que nunca temos que aspirar a un mundo onde cada persoa se sinta representada. Por iso, en Oqueleo reivindicamos o valor da literatura como motor de transformación.

A lectura únenos.

PDF Orgullo lector