Entra / Rexístrate

Actualidade

Os 10 escritores coas manías máis curiosas

Os autores e as autoras son os encargados de construír historias, mundos e personaxes que nos atrapan pero este proceso de creación leva canda si unha serie de curiosas e rechamantes excentricidades: as famosas teimas.

Vexamos algunhas das máis delirantes:

  •        Roald Dahl só podía escribir nunha cabana (na que únicamente podía entrar Quentin Blake, o seu ilustrador), sentado nun vello sofá e sobre unha táboa.
  •        Alexandre Dumas debía ir vestido do mesmo xeito, cunha sotana vermella e sandalias.
  •        Agatha Christie reflexionaba sobre as súas tramas na bañeira á vez que comía mazás.
  •        Jordi Sierra i Fabra sempre se documenta meses antes e prepara un guión previo do que non se desvía nin unha coma.
  •        Isaac Asimov traballaba 8 horas cada día, 7 días á semana. Nunca escribía máis de 35 páxinas ao día e revisaba os seus escritos unha soa vez.
  •        Gabriel Gª Márquez debíapedir a opinión dos demais durante o proceso de escritura. Ah, e tamén se di que sempre escribía descalzo.
  •        Virginia Wolf sentía un pánico atroz a tolear e chegou a escoitar paxaros conversar entre eles en grego.
  •        Hans Christian Andersen tiña fobia a case todo. Entre os seus medos máis destacados estaba a tapefobia ou medo a ser enterrado vivo.
  •        Isabel Allende ten por norma comezar a escribir as novelas sempre un 8 de xaneiro. Ademais, realiza conxuros antes de iniciar as sesións de escritura.
  •        Saramago escribía só dúas páxinas por día. Non poñía unha coma máis.