Entra / Rexístrate

Actualidade

Pasaporte para viaxar a calquera lugar

Felices polo comezo das vacacións e polos logros conseguidos ao longo do curso que xa remata. Non estamos a falar só d@s nen@s, senón tamén de vós, mestr@s, que durante dez meses vos entregastes con xenerosidade ao voso alumnado.

Chega o momento de deixar descansar os libros de texto e dispoñer de máis tempo para camiñar entre páxinas diferentes, esas que nos fan medrar emocionalmente e nos convidan a reflexionar, esas que non dan respostas senón que nos fan formular moitas preguntas, esas que nos permiten aparcar a carga da responsabilidade para nos somerxer en tantas realidades como sexamos quen de imaxinar…; en definitiva, este é un dos mellores momentos para viaxar coa literatura.

Oqueleo agradécevos a calor que lle destes nos días de chuvia e agarda ser a sombra que procuredes durante as vacacións do verán.

Bo descanso e boas lecturas!