Entra / Rexístrate

Actualidade

Pinta o mundo de laranxa!

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre a que apenas se informa debido á impunidade de que gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergonza que sofren as vítimas. Esta violencia, que se manifesta de forma física, sexual e psicolóxica, afecta a todo tipo de mulleres en calquera etapa da súa vida.

A promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de non deixar que ninguén se quede atrás non se poderá cumprir sen primeiro poñerlle fin á violencia contra o xénero feminino.

Na campaña ÚNETE de 2020, as actividades dos 16 días de activismo contra a violencia de xénero que se realizarán do 25 de novembro ao 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, teñen o seguinte lema: «Pinta o mundo de laranxa: Xeración Igualdade oponse á violación».

 

Promove o cambio. Converte o mundo nun lugar mellor

#SomosEcolectores

O cambio medra nos libros