Entra / Rexístrate

Actualidade

Por que celebramos o Día internacional das Bibliotecas?

Xamais poderías imaxinar que a resposta a este día está na guerra. As guerras xa sabemos que non traen nada bo pero, sabías que celebramos o Día internacional das Bibliotecas para recordar a nefasta destrución da Biblioteca de Saraievo durante a guerra dos Balcáns en 1992?

O incendio de 1992 destruíu centenares de miles de libros e numerosos incunables. Varios miles de volumes puideron ser salvados nos primeiros momentos do incendio, cando os empregados da biblioteca, arriscando as súas vidas, comezaron a tirar libros e documentos polas ventás.

En 2014 foi reinaugurado o edificio logo de 18 anos de reconstrución pero a perda de máis de dous millóns de libros é xa irreparable.

Di non á guerra e di non á destrución da cultura. Di si á liberdade e di si ás bibliotecas, eses templos que albergan os tesouros que son os libros.

E se ademais queres gozar das actividades que se celebrarán o 24 de outubro visita o sitio web de Ministerio de Cultura e Deporte.