Entra / Rexístrate

Actualidade

Por que, por que?

A curiosidade é o querer saber algo mediante a investigación, a observación e a aprendizaxe; é innata na infancia e debe fomentarse para que as nenas e nenos sexan capaces de querer aprender por i mesmos, posto que a curiosidade é o primeiro paso para a aprendizaxe. Pero os adultos ás veces senten que esta curiosidade pode ser inoportuna e incluso esgotadora. Por que? Por que? Por que? As persoas maiores senten como esta pregunta os esgota e non se dan de conta de que con respostas como «non sexas pesado, non preguntes máis, para coas preguntas», etc. están sendo contraproducentes. 

As crianzas empezan a seren curiosas desde o momento que empezan a ver e desprazarse, xa que forma parte da exploración do mundo que as rodea. Nacemos cunha curiosidade latente que non é máis que instinto de supervivencia. A curiosidade es interese e motivación. Queres fomentala? Aquí van algúns sinxelos consellos:

  1. Responde todas as preguntas que os máis pequenos nos fagan. Se unha pregunta non sabemos respondela, ensinarémoslles como buscamos a solución, ben nun libro, internet, na práctica do día a día…
  2. Proporciónalles aos cativos e cativas adiviñas á súa altura para fomentar a creatividade.
  3. A rutina mata a curiosidade e as ganas de aprender cousas novas, por iso é recomendable realizar actividades inesperadas.

É bo saber que aqueles que na súa infancia desenvolvan a curiosidade mellorarán a capacidade de observación, aprenderán máis rápido e se sentirán máis motivados a seguir aprendendo.

https://www.youtube.com/watch?v=UTrzY939eLU