Entra / Rexístrate

Actualidade

Relatos, poemas, teatro… Ler máis alá da novela

Como escribiu o poeta Paul Éluard e repetía Mulder en Expediente X «Hai outros mundos, pero están neste». A literatura é unha arte que brilla nos seus distintos xéneros literarios. É certo que o puntal de lanza é a novela pero, por favor, non descoidemos o resto de xéneros porque perderemos grandes obras. Ou serías capaz de perder as grandes pezas teatrais que aínda se continúan representando con éxito? Que dicides dos poemas dos autores non só do Rexurdimento, senón de todas as xeracións que viñeron atrás? E quen non forxou o seu hábito lector entre cómics ou novelas gráficas? Como sería a historia do cine se Alfred Hitchcock non lese o relato d’Os paxaros de D. du Maurier?

Atrévete, sal da zona de confort e anímate a ler outros xéneros literarios máis alá da novela.