Entra / Rexístrate

Actualidade

Roald Dahl

Na editorial Santillana levamos máis de 40 anos publicando os libros de Roald Dahl. Somos os seus editores orixinais e desde a aparición en español de Charlie y la fábrica de chocolate en 1978, traducido por Verónica Head, non deixamos de promover a lectura dos seus xeniais libros por todos os centros educativos do país. Somos, xa que logo, a editorial que apostou desde o inicio por este AUTOR e nunca deixamos de facelo. Os seus libros sempre foron unha peza fundamental no noso valioso catálogo, que desde hai uns anos en galego se publica baixo o selo de Oqueleo.

 

Sempre defendemos a literatura infantil e xuvenil e publicamos libros sen atender ningún tipo de censura, con independencia das modas e das circunstancias do momento. Editamos libros sen complexos, atemporais, que non subestiman o lector. Estamos orgullosos diso porque o oficio de edición só se pode entender desde o respecto polos lectores e autores, e desde a honradez coas historias que nos confían e decidimos publicar.

 

Xa transmitimos, polo tanto, aos seus axentes que non imos adaptar os libros de Roald Dahl e, como sempre fixemos desde aquel afastado 1978, seguiremos convidándovos a gozar cos seus libros e coa boa LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.