Entra / Rexístrate

Actualidade

Samaín Oqueleo

Na noite de Samaín, as bruxas andan ceibas e descobren algúns segredos, como sucede en Bruxa e familia. Unha xornada na que unha invitación a un misterioso xogo, coma en Kibuko, pode levarte a un mundo máxico.

Como intrigante é tamén o enigmático fillo do anfitrión que nos fai desentrañar a escura sociedade que se plasma n'O Bosque Pálido. Pero ningún medo é superior ao que temos de nós mesmos… que llo pregunten a Hilario e os tres medos!

Tendes preparadas as vosas lecturas para pasar unha noite de "grandes impresións"?