Entra / Rexístrate

Actualidade

Ler é un agasallo 2022

Sete trucos para atinar cos agasallos no Nadal

Cada vez é máis habitual que co presente que entregamos tamén vaia o tícket regalo pero se algo nos fai felices é cando sabes que non lle deron uso a ese papel. Queres uns trucos infalibles?

  1. Non penses en ti, no que che gustaría, pensa na persoa que vas agasallar.
  2. Non vaias a cegas comprar, pensa antes para non dar moitas voltas.
  3. Busca un cómplice que che axude se estás perdido ou perdida.
  4. Ás veces as cousas materiais non son as que máis gustan. Indaga un momento especial para esa persoa, a súa canción favorita, o seu prato ideal…
  5. Un bo envoltorio axuda. Non o descoides.
  6. Un agasallo non debe facerse por obriga e cando así se fai percíbese.
  7. Regala libros. Os libros son viaxes gratis, son lugares onde coñeces xente nova, onde aprendes cousas, sitios en que te divirtes, te emocionas… Ler é un regalo! E se non sabes cal é o libro axeitado botámosche unha man. Abre o PDF e atopa propostas que poden axeitarse.

Ler é un agasallo