Entra / Rexístrate

Actualidade

Sigue as pegadas do camiño

Xacobeo 2021

Innumerables son as persoas que fixeron o Camiño de Santiago e innumerables son as que aínda o están por facer. Moitos son tamén os camiños que nos levan ata Compostela e en cada un deles a experiencia que vivimos é única e inesquecible. O punto de partida é o momento en que decidimos seguir as pegadas que as peregrinas e os peregrinos foron deixando no camiño ao longo dos anos na busca da súa esencia máis humana, esa que nos converte en seres con emocións e sentimentos, que ás veces nin sequera somos quen de recoñecer nin, moito menos, controlar. Porque o camiño é, por riba de todo, unha viaxe interior que leva ao autocoñecemento e á descuberta dunha visión diferente do mundo.

Recomendámosche que este ano guíes os teus pasos polo camiño literario e sigas os de Iago de Lavalle, o protagonista de O ferreiro da lúa chea. Un mozo que domina os segredos da forxa e dos metais a quen obrigan a peregrinar ata Santiago de Compostela por opoñerse ás prácticas supersticiosas do seu gremio, o dos ferreiros.

Sigue as pegadas do camiño literario…