Entra / Rexístrate

Actualidade

Sigue o movemento das túas curvas

Día Internacional da Loita Contra os Trastornos de Conduta Alimentaria

Na actualidade, a ninguén lle resultan alleos os trastornos da alimentación e os problemas que provocan. A súa visibilización fai que moitos casos se detecten a tempo pero, con todo, os datos que posuímos volven ser alarmantes:

  • O 70 % d@s adolescentes non se senten a gusto co seu corpo. Ademais, 6 de cada 10 rapazas cren que serían máis felices se tivesen outro.
  • A idade de inicio baixou ata os 11 anos.
  • Son a primeira causa de mortalidade por enfermidade mental na adolescencia.
  • Son a terceira enfermidade crónica entre @s adolescentes do país.

Aos factores que xa tiñamos presentes, hai que engadirlle a irrupción das redes sociais que convida a xente nova a ter unha imaxe tan perfecta coma irreal. O que antes viamos nas portadas das revistas agora vive en Instagram ou nos vídeos de Tiktok. A perfección física vai sempre asociada á felicidade. E quen non quere ser feliz!

Co fin de loitar contra esa imaxe irreal xurdiu o movemento curvy: unha iniciativa que defende a aceptación do corpo. Mulleres e homes reais, que nos demostran que eses quilos considerados “de máis” ou esas particularidades do noso físico non teñen por que ser un complexo senón algo que nos converte en persoas únicas. Úneste ao movemento?