Entra / Rexístrate

Actualidade

Tempo de Samaín

A noite de Samaín deste ano vai ser diferente, pero tan especial que imos querer que tamén sexa así nos vindeiros.

Deixemos as cabazas nos balcóns e ventás para iluminar a negrura da noite mentres nós recuperamos a tradición de contar e escoitar contos na compaña dos da casa e das historias de Bruxa e familia, escritas por unha das narradoras orais máis importantes do país: Paula Carballeira.

Este ano non poderemos pedir polas portas “esmola para os defuntiños”, pero nada impedirá que pasemos unha noite arrepiante e divertida.

Escritores relacionados