Entra / Rexístrate

Actualidade

Todos diferentes, todos iguais

A nova lei de educación, a LOMLOE, introduce cambios na escolarización dos alumnos con necesidades educativas especiais. O texto di que se garantirá que «os centros ordinarios conten cos recursos necesarios» para atender os alumnos con necesidades educativas especiais co fin de eliminar as diferentes formas de discriminación na escola e impulsar a igualdade.

No noso selo estamos pola integración das diferenzas e pensamos sempre na diversidade á hora de seleccionar o que publicamos, así como as suxestións de traballo na aula para que a lectura chegue a todos e a todas.

Nas historias que nos gustan os personaxes son tan diversos coma na vida e ese é o camiño que sempre queremos tomar.

Lembra que as diferenzas e os libros únennos.

Somos o que lemos.