Entra / Rexístrate

Actualidade

Samaín 2021

Truco ou trato?

Outro ano máis o volvemos preguntar, ¿truco ou trato? Non é fácil responder pero, sabes de onde vén esta pregunta?

A orixe histórica da expresión vén da lenda de Jack O'Lantern, un pícaro irlandés que o demo quixo levar canda el para o Inferno. Como llo comunicou mentres bebía whisky nunha taberna, Jack pediulle unha última rolda. Tras ela empezou a dubidar de que o diaño fora quen dicía que era e este demostroullo converténdose en moeda para pagar as consumicións. Jack agarrou a moeda e gardouna no peto xunto co seu rosario. O demo, prisioneiro, ofreceulle un trato: deixalo un ano antes de volver.

Ao cabo dun ano o demo volveu pero deixouse atrapar por Jack: este pediulle unha última mazá. O demo subiu á árbore por ela e Jack tallou unha cruz no tronco. De novo ofreceulle un trato: 10 anos esta vez de tregua.

Pero neses anos Jack morreu. Non o quixeron no Ceo polos seus moitos pecados, nin no Inferno. Así que se conta que Jack vaga desde aquela no fío dos dous mundos, ofrecendo truco ou trato a quen se atopa con el. Jack, por certo, ilumínase de noite cunha cabaza, chea de brasas ardentes que lle lanzou o diaño para botalo do Inferno.

Se queres pasalo ben en Halloween podes botar man de moitas receitas de larpeiradas feitas con cabaza, traballos manuais terroríficos e xogos para pasar medo.

Samaín. Bruxa e familia