Actualidade

Unha gran festa para Roald Dahl!

Hoxe fanse 108 anos do nacemento de Roald Dahl. Un aniversario que no noso selo sempre festexamos con ledicia e ganas de compartir a súa obra. Este ano aventurámonos a preparar un gran banquete de aniversario. Anota algunhas das lambonadas que vas precisar para a túa festa:

  • Larpeiradas da fábrica de Willy Wonka.
  • Batidos de froitas rechamantes coma as menciñas que tomaba Jorge.
  • Canapés de queixo en crema e marmelada de pexego.
  • Tiras de polo (asfavoritas do Superzorro)
  • Torta de chocolate enorme para que Bruce, o compañeiro de Matilda, poida botarlle o dente a un bo cacho.

Anímaste a inventar as túas propias receitas? Como verías comezar o curso traballando con Roald Dahl? Unha oportunidade de facerte coas lecturas en galego, castelán, catalán, francés, versión orixinal... Podes botarlles un ollo ás páxinas dos nosos selos e conseguir material para todas as túas ideas. Tamén te retamos a buscar receitas con elementos que atoparás nas novelas de Roald Dahl e a contar todas as ideas que saen de aí. Este aniversario pode chegar ata onde a imaxinación queira.