Entra / Rexístrate

Actualidade

Vaites... blue monday...

A orixe do día máis triste do ano retrotráese ao ano 2005, cando o psicólogo Cliff Arnall traballou nunha fórmula para determinar cal era o peor día do ano. Chegou á conclusión de que sería o terceiro luns do primeiro mes do ano, xa que despois dos excesos do Nadal, moitas familias non se recuperaron, nin económica nin emocionalmente e os propósitos do ano novo semellan moi complicados.

As persoas, a estas alturas, xa se decataron de que as ansiadas metas que se propuxeran son difíciles de cumprir, polo que chegan a unha fonda decepción.

Mais se non sabedes como loitar contra a tristura do día, collede un libro e unídevos á comunidade lectora. A lectura reconfórtanos e únenos.