Entra / Rexístrate

Susan E. Hinton

Unha das autoras de máis prestixio e calidade da nova narrativa norteamericana.

Naceu en Tulsa (Oklahoma - EE UU) en 1950. Axiña abandonou a súa carreira para casar, pero levou as lembranzas e mais as vivencias dos seus anos de estudante para plasmar nas súas obras personaxes e conflitos daquel ambiente. Susan E. Hinton é unha das autoras de máis prestixio e calidade da nova narrativa norteamericana. Con só 16 anos lanzouse á fama coa súa obra Rebeldes, que sería traducida, deseguida, a moitos idiomas e levada ao cinema por Francis Ford Coppola. Seleccionado como o mellor libro dirixido aos mozos, Rebeldes foi galardoado tamén polos libreiros dos Estados Unidos de América.