Entra / Rexístrate

Actualidade

7 plans para nenos e nenas na primavera

A primavera é unha etapa de florecemento na que o sol aparece e tarda máis en agacharse. As nubes dan paso a días despexados e apetécenos facer máis plans. Precisades ideas? Botádelles un ollo a estas. Non digades que ninguén propuxo un bo plan.

- Saíde pasear pola cidade, polos parques. A maioría das cidades e vilas teñen parques estupendos que seguro non coñecedes ben.

- Se xa visitastes moitas veces os parques, sacade a vea exploradora e saíde para coñecer máis alá. Praias, montes, ribeiras, roteiros circulares… todos os lugares teñen recunchos marabillosos dispostos para ser conquistados.

- Para gozar dun día completo, conseguide unha mochila, unha botella de auga e uns bocadillos. Se vos gusta cociñar, o día anterior podedes preparar unha tortilla, uns bistés, unha ensalada rusa... un pícnic xeitoso! Mmmm, que rica a comida ao aire libre!

- É época de plantar, así que podedes revisar os tarros e testos que teñades pola casa e repoñer as plantas que se perderan no inverno. Se tedes horta, o plan xa está feito!

- Co bo tempo apetece máis saír á rúa para xogar cos colegas. Non perdades a oportunidade, tratade que quedar con alguén para pasar o tempo.

- É un bo momento para ir visitar granxas escola, pequenas reservas, acuarios... porque os animais están en época de dar a luz. É toda unha experiencia.

- É certo que sempre é o tempo ideal para ler, pero poder ler fóra de casa é unha experiencia magnífica. Busca a sombra dunha árbore, un bo prado, unha praia… Ler si é un bo plan.

E se non sabes o que ler aquí van algunhas recomendacións: