Entra / Rexístrate

Narrativa

Os Metrosiderais

Os Metrosiderais é unha aventura en que as persoas marxinadas, as diferentes, as que se afastan da norma… acaban demostrando o poder da unión por riba dos prexuízos.

Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unha viaxe en barco que partiu da Coruña hai cincocentos anos, un peculiar ancián envolto en misterio e intriga, un estraño diario e unha árbore que non debería estar aí configuran a trama desta novela; ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos séculos.

Título:
Os Metrosiderais
Subtítulo:
-
Escritores:
Tradutores:
-
Ilustradores:
-
Prezo:
12.95 €
Data de publicación:
06-09-2021
EAN:
-
ISBN:
9788416834303
Medidas:
14 x 21,5
Formato:
Rústica
Páxinas:
160 páxs.
Soporte:
Papel
Idade:
+14
Colección:
Xuvenil
Xénero:
Narrativa
Temática:
Acoso escolar, Adolescencia, Amizade, Aventura, Colexio, Conflictos sociais, Convivencia, Familia, Historia, Inclusión, Mitoloxía clásica, Mulleres, Respecto, Solidariedade e cooperación, Valentía
Valores:
-