Entra / Rexístrate

Actualidade

Búscase saúde

O Día Internacional da Saúde Medioambiental é de vital importancia. Explicámosche por que nunha soa liña: esta data está orientada a garantir a sostibilidade dos ecosistemas, en pro da saúde das xeracións actuais e futuras. Así mesmo, preténdese concienciar a poboación mundial sobre a importancia de coidar o noso planeta, os seus recursos naturais e as especies que habitan nel.

Algúns dos factores ambientais que inciden na saúde pública son os seguintes:

  1. Radiacións electromagnéticas non ionizantes: alteracións físicas e patolóxicas.

  2. Contaminación sónica: problemas auditivos.

  3. Cambios meteorolóxicos ou estacionais: alerxias, arrefriados respiratorios, reumatismos, anxina de peito.

  4. Cambios de humidade: deshidratación, lesións cutáneas.

  5. Material particulado: silicose pulmonar, enfisema pulmonar.

  6. Exposición a radiacións ultravioleta: danos oculares.

  7. Virus, bacterias e outros microorganismos: enfermidades infectocontaxiosas.

Sóache Ecolectores? Pois non é ninis nin menos ca a campaña de Oqueleo para favorecer a sostibilidade. Podes acceder a todos os materiais na pestana de Zona docentes

Ecolecturas

Novas relacionadas