Entra / Rexístrate

Actualidade

Ecolectores. O cambio medra nos libros

ECOLECTORES. O cambio medra nos libros

- Novos traballos manuais sostibles -

Somos o que lemos, a suma das historias que chegaron a nós e que pasaron a formar parte da nosa biografía. Cada libro é unha semente que xermola no noso interior. Con cada libro, medramos. As boas historias estimulan a imaxinación das nenas e dos nenos, e impúlsaos a aprender de forma significativa, a observar, a escoitar, a cuestionarse, a pensar. Deste xeito, a literatura convértese nun vehículo para debater sobre o mundo e para entender o sentido da vida. En Oqueleo colleitamos ideas, propoñemos lecturas que emocionan, divirten, educan, provocan e transforman. Porque a lectura non só nos aviva, senón que nos achega claves para descubrir e cambiar o que non nos gusta e, así, conseguir facer do mundo un lugar mellor, máis sustentable. Cada libro deixa nas lectoras e nos lectores unha pegada invisible pero palpable. SOMOS ECOLECTORES.

Fagamos que o cambio medre!

AXENDA 2030

A axenda 2030 é un compromiso universal que establece unha visión transformadora cara ao sostemento económico, social e ambiental, cuxa finalidade prioritaria é camiñar da man cara a unha sociedade máis igualitaria.

En Oqueleo asumimos o reto de participar neste compromiso a través da lectura.

 

ECOLECTURAS


Cada libro, unha semente. Un sementeiro, unha boa presada de libros para sementar o cambio. Presentámosche unha selección de lecturas que traballan os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.

Ecolecturas

(Descarga o noso sementeiro)

LECTURAS RECOMENDADAS


Recomendaciones de lectura

RECURSOS


Infografía Ecolectores Actividades manuais Ecolectores Traballos manuais sostibles
Infografia Actividades manuais Traballos manuais sostibles

CARTEIS


Carteis Ecolectores Cada libro, unha semente Cando lemos... É o momento de actuar

DESAFÍO ECOLECTOR


Descubre a que tribo ecolectora pertences

Que hai que facer para participar?

É moi doado, só debes ter sementes ou legumes… e moitas ganas de facer deste mundo un lugar máis sustentable! Canto máis axudes ao planeta, máis e mellor viviremos as persoas nel. Ese é o premio e a túa motivación.

A túa misión consiste en conseguir o maior número de sementes posible para lle demostrar ao mundo que es un excelente Ecolector. Para iso, debes ir completando os diferentes retos do taboleiro, eles son os que che van ir proporcionando as sementes. Os retos están organizados por niveis que dependen do teu grao de implicación e da dificultade da proba:

- Heroína ou heroe da casa (1 semente por reto conseguido)
- Membro honorífico do teu barrio (2 sementes por reto conseguido)
- Estrela da clase (3 sementes por reto conseguido)
- Sementes do poder (10 sementes por reto conseguido)

Se ademais destes desafíos que che propoñemos, pos en marcha outros que favorezan os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, convidámoste a que os compartas con todas e todos nós a través das redes sociais co cancelo #SomosEcolectores.

ARTIGO


Artigo: Rumbo a un mundo sustentable

MANIFESTO


A lectura como motor de cambio

Manifesto 

O cambio medra nos libros

#SomosEcolectores