Entra / Rexístrate

Actualidade

Como crear o hábito lector

Crear un hábito de lectura é unha tarefa que require paciencia e algo de esforzo pola túa parte. É moi fácil distraerse coas nosas obrigas, non abandonar ata coller o hábito, por iso che damos unha serie de consellos para que a lectura te atrape.  

  1. É posible encontrar un momento durante o día para dedicalo á lectura, xa sexa durante dez minutos ou unha hora. Establece ese espazo de tempo e intenta cumprilo; pouco a pouco faralo de forma automática.
  2. Deixa de lado todas as distraccións. Apaga o móbil, pon música calmada, mantén lonxe a tableta e intenta buscar un sitio tranquilo. Durante eses minutos, concéntrate o máximo posible na lectura, xa que para crear un hábito é necesaria unha concentración plena e activa.
  3. Leva un libro contigo. Cantos tempos mortos vivimos semanalmente mentres agardamos polo trasporte público, entre actividades complementarias…? Afaite a dedicar eses momentos á lectura, afianzando o teu hábito.
  4. Abandona libros sen temor. En ocasións obrigámonos a terminar un libro que se nos resiste, o que provoca que acabemos aborrecendo a lectura en si. Cambia ese libro por outro. Será por libros!
  5. Escolle as túas lecturas. Aínda que te deixes asesorar por amigos, blogs, revistas… se ti quen elixa os libros que vai ler. Ninguén te coñece mellor ca ti mesmo.

Que che parecen estes conselliños? Fáciles de aplicar, non si? Pois agora só tes que elixir o libro. Dubidas ou non atopas o que buscas? A continuación dámosche unha selección para todas as idades e gustos lectores pero se sentes que non atinamos, busca no noso catálogo, seguro que algo haberá que che encha o ollo!