Entra / Rexístrate

Actualidade

Convértete en Ecolector!

Día Mundial da Educación Ambiental

O obxectivo deste día é promover a educación como elemento clave para asegurar o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida no noso planeta. Para iso, cómpre adquirir hábitos, actitudes e condutas sensibles coa natureza.

A nosa campaña Ecolectores quere fomentar a educación ambiental a través da Axenda 2030, cuxos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) converterán o mundo nun lugar máis habitable para todos os seres que nel vivimos.

Suxerimos lecturas que esperten conciencias adormecidas, promovemos o cambio a través de carteis, unímonos a el co noso manifesto e retamos as nenas, nenos, adolescentes e adultos a ser, con cada pequena acción, unha semente do cambio.

Coñece a nosa campaña e convértete en Ecolector!

Temos que avanzar cara a un mundo sostible a través do poder da educación e Oqueleo forma parte dela, porque a literatura é un dos piares do desenvolvemento emocional.

Somos Ecolectores

O cambio medra nos libros

Novas relacionadas