Entra / Rexístrate

Actualidade

Es un verdadeiro friki?

Friki é un adxectivo que pode empregarse para designar a persoas ou cousas consideradas como extravagantes, excéntricas ou raras, ou para referirse a individuos que se entregan de xeito obsesivo e desmesurado a certas afeccións. Star Wars, O señor dos aneis, Harry Potter, o manga, son algúns dos temas nos que os frikis se centran pero, se dubidas ou non de se tamén ti es un deles ou delas, fai este rápido test:

Se tiveses que elixir un disfrace, ¿cal sería?

  1. Superheroe de Marvel.

  2. Personaxe de actualidade.

  3. Tiro de clásicos: bruxa, animal, bombeiro, médica…

Quen é a única persoa que se interpretou a si mesma en Star Trek?

  1. Stephen Hawking

  2. Rosalía

  3. Bill Gates

Cando estás con amigos…

  1. Saco o meu xogo de rol.

  2. Propoño bailar ata morrer.

  3. Ensínolles a miña colección de Funkos.

No teu tempo libre:

  1. Congrego a comunidade do anel.

  2. Fago deporte.

  3. Encérrome na batcova para ver as miñas series favoritas.

Que tesouro tes gardado no caixón?:

  1. O libro de feitizos de Hermione.

  2. O pano do restaurante a onde fun coa primeira parella.

  3. A primeira edición de Crepúsculo.



Solución:

Maioría A: non hai dúbida, es e seguirás sendo un freak. Morte á normalidade.

Maioría B: Vives nun mundo máis real ca o movemento de cadeira de Karol G.

Maioría C: Camiñas por esa fina liña. Un golpe de vento pódete colocar en calquera dos extremos.