Entra / Rexístrate

Actualidade

Hai que pasar á acción

Á vista dos 17 Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible para lograr un mundo máis feliz e saudable para 2030, un pode preguntarse: como podo incorporar estes obxectivos no meu día a día? Unha boa forma de empezar a formar parte do cambio é participar no noso Desafío Ecolector e así predicar co exemplo.

Desafío ecolector

Esta campaña guíanos e aléntanos a vivir dun xeito máis sostible no traballo e na casa, cambiando os nosos patróns de consumo, usando medios de transporte máis activos, e comprando alimentos locais. Todo o mundo está invitado a participar. Cada pequena achega axuda.

Pero nesta ocasión imos explorar o ODS 15 (Vida de ecosistemas terrestres), cuxas metas son xestionar de xeito sostible os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade.

En moitas das nosas lecturas promóvense, entre outros valores, a defensa da ecoloxía, a promoción dos hábitos de vida saudables, a reciclaxe e a reutilización para procurar que non se esgoten os recursos e minimizar a contaminación e, en definitiva, o traballo na procura dun mundo moito máis sostible e saudable para as xeracións actuais e para as vindeiras.

O cambio medra nos libros.

Novas relacionadas