Entra / Rexístrate

Actualidade

Monstros? Só nos contos!

Monstros? Só nos contos!

O acoso refírese a todas as formas de actitudes agresivas, intencionadas e repetidas, que acontecen sen motivación evidente, adoptadas por un ou máis estudantes contra outro ou outros.

En Oqueleo consideramos que a literatura é tamén unha ferramenta idónea para loitar contra o acoso. Para iso, ofrecemos libros e recursos que darán pautas paraprevir este fenómeno.

O acoso escolar afecta a nenos, nenas e rapaces de todas as condicións sociais, está presente en centros públicos e privados, en cidades grandes e en vilas e aldeas máis pequenas.

Hai que atender o agredido ou agredida e tamén o agresor ou agresora para coñecer os motivos que o conducen a este tipo de comportamento e darlle as ferramentas necesarias para superalo. E ademais, involucrar o resto de persoas para que non sexan só meros espectadores e colaboren na loita contra os monstros do acoso. Porque…

Monstros?... Só nos contos!

Recursos


Lecturas recomendadas Cartel