Entra / Rexístrate

Actualidade

#SenContaminaciónPorPlásticos

Este 5 de xuño únete a millóns de persoas que defenden un planeta #SenContaminaciónPorPlásticos!

Anualmente prodúcense a nivel mundial máis de 400 millóns de toneladas de plástico e pénsase que a metade deste material concíbese para unha vida útil dun só uso. Deles, cada ano, chegan aos océanos uns 11 millóns de toneladas de residuos plásticos. Esta cifra podería triplicarse de aquí a 2040. Como consecuencia, máis de 800 especies mariñas e costeiras vense afectadas por esta contaminación por inxestión, enredo e outros perigos.

Un cambio cara a unha economía circular pode reducir o volume de plásticos que chegan aos océanos en máis dun 80% para 2040; reducir a produción de plástico virxe nun 55%; aforrar aos gobernos 70.000 millóns de dólares para 2040; reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 25%; e crear 700.000 postos de traballo adicionais, principalmente no sur do mundo.

Para resolver esta crise, cómpre que os gobernos, o sector privado e demais partes interesadas amplifiquen e implementen medidas eficaces dirixidas. Por tal motivo, resulta primordial que o Día Mundial do Medio Ambiente mobilice medidas ambientais transformadoras en todos os recantos do mundo. Empeza por ti.

Somos Ecolectores

https://www.un.org/es/observances/environment-day

Novas relacionadas