Entra / Rexístrate

XABIER LÓPEZ (Bergondo, 1974) é autor dunha numerosa obra que inclúe propostas para todos os gustos e para todas as idades. A súa estrea no ámbito da LIX, no que recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento en 2017, produciuse con Biff, Bang, Pow!, novela case negra (1997), título ao que seguiron os álbums ilustrados para primeiros lectores A vella quenlla perde os dentes (2005) e Son un can! (2013), traducidos ao castelán, ao árabe e ao chinés, e as novelas Cando Artur non era rei (2012), O home que sabía voar (2015), Os tres desexos (2017) e O segredo da vella librería (2018). Tres segundos na zona é o seu primeiro libro publicado con Oqueleo.