Narrativa

Ningunha estrela levará o meu nome

Dous novos amigos, unhas vacacións de Nadal que se presentaban aburridas e unha axitada viaxe que cambiará as súas vidas para sempre.

Rodri parece abocado a pasar só as vacacións de Nadal. Seu irmán Robinson cancelou a visita anual desde Mallorca e súa nai deberá traballar varios días fóra da cidade. Entón, o seu amigo Mario proponlle un disparatado plan.

Mario é un compañeiro da clase obsesionado cos pasteis de merengue, a música de Frank Ocean e o videoxogo Serenity´s Edge. Os dous rapaces son moi diferentes entre si, mais comparten o feito de ser uns marxinados no instituto.

Cando marchan xuntos da cidade, comezan unha viaxe chea de aventuras a través de estacións de tren, estradas xeadas e cidades descoñecidas nas que Rodri descubrirá o valor da amizade.

Ningunha estrela levará o meu nome é unha homenaxe aos heroes e ás heroínas que viven entre nós.

Título:
Ningunha estrela levará o meu nome
Subtítulo:
-
Escritores:
Tradutores:
-
Ilustradores:
-
Prezo:
12.95 €
Data de publicación:
14-05-2024
EAN:
-
ISBN:
9788416834488
Medidas:
14 x 21,5
Formato:
Rústica con lapela
Páxinas:
192 páxs.
Soporte:
Papel
Idade:
+14
Colección:
Xuvenil
Xénero:
Narrativa
Temática:
Adolescencia, Amizade, Aventura, Convivencia, Desenvolvemento persoal, Emocións e sentimentos, Liberdade, Nadal, Vacacións e tempo libre, Viaxes
Valores:
-

Novas relacionadas

Orgullo lector