Entra / Rexístrate

Antonio M. Fraga naceu en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976 e viviu en varios lugares ata acabar no barrio coruñés de Monte Alto. Dedicouse, entre outras cousas, a dar clases de matemáticas, estudar enxeñaría, adoptar un gato, construír parques eólicos, ver películas de Miyazaki e escribir como forma eficaz de vivir outras vidas. Publicou unha chea de libros, algúns dos cales gañaron premios, foron traducidos a outros idiomas e escollidos para prestixiosos catálogos como The White Ravens ou a Lista de Honra IBBY. Gústanlle a voz de Regina Spektor, os New York Knicks e mais as churrascadas familiares no Lugar do Sapo.