Entra / Rexístrate

Actualidade

10 actos de consumo responsable e sostible

Se te preguntas como podes apoiar o consumo responsable, como reducir a pegada ecolóxica, que son os produtos de baixo impacto, cando un consumo é responsable coa sociedade etc. aquí podes atopar algúns consellos prácticos para aplicalos na túa vida cotiá.

  1. Non malgastes auga innecesariamente na ducha, fregando ou tirando da cisterna a modo de papeleira.
  2. Se podes ir a pé ou na bicicleta non só axudarás o planeta.  
  3. Reutiliza, repara, recicla e separa os teus residuos.
  4. Escolle alimentos locais e de temporada. Xeran emprego e reducen emisións.
  5. Evita usar bolsas de plástico. Leva canda ti unha bolsa reutilizable sempre.
  6. Compra a granel. Non compres produtos que xeren residuos innecesarios.
  7. Non compres produtos que durante a súa produción contaminen excesivamente e teñan impactos nocivos co medio.
  8. Apoia o comercio de barrio e xusto, que respecten os dereitos da infancia e das mulleres.
  9. Escolle tecnoloxía sen obsolescencia programada.
  10. Non escatimes en cultura local, favorecerás postos de traballo e darás vida a unha das mellores herdanzas da humanidade.

Cantas máis decisións de consumo positivas tomemos hoxe, menos problemas ambientais deberemos reverter mañá. Xa o sabes, dixémolo moitas veces: sementa a semente do cambio.

Somos Ecolectores.